O fin do cuatrimestre está máis preto do que pensamos, por iso queremos despedirnos amosándovos algúns dos traballiños que fixemos para o noso proxecto.
Desta vez as actividades que vos traemos son recursos feitos con materiais plásticos: témperas, lápices de cores, papel… empregando ademáis materiais reciclados como o cartón e o papel de alumnio.
- O primeiro que vos queremos amosar é un instrumento mediante o cal podemos visualizar eclipses solares.
- O outro material elaborado son uns astronautas de papel que teñen brazos articulables. A idea é que, en cada un, os nenos poñan una fotografía deles para sentirse, deste modo, auténticos astronautas.
Despois de todo este tempo queremos despedirnos, non sen antes darvos as grazas por poder compartir todo o noso proxecto con vosoutros. Pero tranquil@s, non é unha despedida, senón un ata pronto! Esperamos que realmente desfrutarades disto, ao menos un chisco do que o fixemos nosoutras!