Unha nova aventura: o Sistema Solar.

solar-system-414388_1280

Ola, somos Julia e Natalia, estudantes do Grao en Mestra de Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela. Estamos a piques de comezar un novo proxecto na asignatura de Procesos de Mellora e Uso das TIC, o cal discorre arredor do Sistema Solar. Estamos moi emocionadas!

A elección deste tema xurdiu a raíz do gran interese que nós temos sobre o mesmo, o cal tamén resultaría moi interesante a traballar co noso grupo-clase, transmitíndolle os coñecementos que nós mesmas tamén posuímos. Así, os cativos poderían profundizar no mundo das ciencias empregando as Tecnoloxías da Información e da Comunicación entre outros moitos recursos didácticos.

Ademais, consideramos que é unha área entretida para os nenos e nenas de infantil, a cal pode ser acompañada por información sinxela e imaxes ilustrativas que os axuden a introducirse nunha pequena parte do universo, tendo sempre en conta as súas ideas previas.

Poderemos coñecer o Sistema Solar, o cal está formado polo Sol e corpos celestes que xiran arredor desta estrela pola gravidade: oito grandes planetas (Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno) xunto cos seus satélites, planetas menores, cometas, asteroides, etc.

Aquí faremos ver aos cativos que forman parte deste gran Sistema mediante actividades que permitan un proceso de ensino-aprendizaxe lúdico e entretido. As TIC serán un gran soporte para o desenvolvemento deste proxecto, xa que a maioría das actividades estarán elaboradas mediante o programa Ardora, ademais de recursos elaborados por eles mesmos coa nosa axuda.

A pesar de que é un tema que moitos consideran como algo “inacesible” e “difícil” para o alumnado desta etapa educativa, nós concibímolo como algo importante e necesario para enriquecer o seu coñecemento sen velo como algo alleo.

Esperamos ter un feedback positivo pola vosa parte. Estaremos abertas a todos os posibles comentarios e ideas que nos axuden a mellorar a nosa práctica educativa!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

One Response to Unha nova aventura: o Sistema Solar.

Deixa unha resposta