Comezamos co proxecto…

milky-way-923801_1280

Ola! Neste novo post queremosvos contar o comezo do noso proxecto, o cal nos resultou algo dificultoso, xa que como é de costume, as actividades xa están mais ou menos pensadas, aínda que a estruturación da guía didáctica asi como a súa redacción foi o que máis nos custou.

Finalmente, decidimos que o mellor á hora de elaborar a guía didáctica sería establecer os seguintes apartados clave:

  • Introdución
  • Obxectivos
  • Contidos
  • Competencia
  • Avaliación
  • Metodoloxía
  • Actividades
  • Referencias bibliográfica

-En canto aos obxectivos, estruturámolos en tres tipos: xeráis, específicos de área (Coñecemento do si mesmo e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e Linguaxes: comunicación e representación) e específicos de actividade, o cal nos facilitou en gran parte a relación dos mesmos coas actividades a elaborar. Cabe destacar aquí o gran apoio que nos supuxo o currículo, xa que constitúe un aspecto fundamental.

-Os contidos están desenvoltos en consoancia cos aspectos a traballar ao longo do proxecto. Non nos supuxeron gran dificultade á hora de introducilos no momento mais si que falta darlles un último pulo e unha posterior revisión de cara ao remate da guía didáctica.

Por outra banda, a temporalización do proxecto sería de catro semanas (ampliables se o desenvolvemento das actividades así o require).

Pouco a pouco vai collendo algo de forma… Seguide atentos ao blogue, o mellor faise esperar!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.