Por fin, actividades!

Boas noites a todos e a todas. Estamos moi emocionadas xa que por fin podemos compartir convosco a nosa primeira actividade: o crebacabezas dos planetas Sistema Solar.

Á hora de realizar esta actividade non nos resultou moi complicado, xa que os pasos a seguir para levala a cabo eran moi sinxelos.

Encadraríase dentro das actividades de reforzo e ampliación, realizada na primeira semana do proxecto.

Con esta actividade queremos que as crianzas ordenen as diferentes pezas que conforman a imaxe. Isto implica que os cativos e cativas recorden a información tratada e sexan capaces de identificar a posición dos distintos planetas.

O resultado final da elaboración da actividade sería o seguinte:

Sin título Sin títulom

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta