Novas actividades!

Ola de novo a tod@s! Un día máis traémosvos avances do noso proxecto, concretamente actividades. Queremos mencionar que estas actividades están feitas co programa Ardora, unha ferramenta TIC de gran utilidade, xa que se pode empregar para traballar tanto con nenos pequenos como con máis maiores. Para crear as actividades hai que seguir uns pasos moi sinxelos, asique se vos interesa saber como se fan ou se queredes máis información sobre o programa Ardora, non dudedes en preguntarnos! Aquí vos deixamos o link da páxina: http://webardora.net/index_cas.htm

As que hoxe vos queremos amosar son:

1. Resolución dunha sopa de letras. Esta terá como finalidade que os cativos identifiquen algúns dos conceptos básicos que están en relación co tema a traballar: sol, asteroide, cometa, universo, nave e estrela. 

1 2

2. Ordenar os planetas segundo o seu tamaño (do máis pequeno ao máis grande) empregando a numeración ordinaria ata o oitavo. Para iso empregaremos a páxina multimedia da pizarra de Ardora utilizando como fondo unha imaxe do sistema solar cos planetas, onde terán que arrastrar o correspondente número ordinal.

3

3. Relacionar a cantidade de certos elementos do Sistema Solar, como son as estrelas, co seu número cardinal correspondente. Na PDI, os nenos disporán dun cadro dividido en nove columnas, cada unha co número correspondente (do 1 ao 9), no cal irán colocando o número de estrelas acorde.

4

Esperamos que vos gusten as actividades… seguide atentos, iremos colgando as demáis actividades nos vindeiros días.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta