Viaxando polo espazo.

Boas noites a todos e todas! Traémosvos unha nova actividade, pero desta vez relacionada cos astronautas.

As crianzas case sempre din que de maiores queren traballar de mestres, médicos, bombeiros e…. astronautas! Por iso cremos que un proxecto do Sistema Solar non sería nada sen estas persoas tan especiais para os cativos/as, sendo necesario incluir unha actividade sobre os mesmos:

Aquí, os pequenos terán que recoñecer as diferentes partes que compoñen un traxe espacial e colocalas sobre o debuxo no seu lugar correspondente. Esta tarefa poderá empregarse para traballar a lateralidade, de tal forma que terán que diferenciar entre luva e bota esquerda ou dereita. Será unha actividade a realizar na PDI, empregando como imaxe de fondo, unha nena astronauta e, como elementos a colocar, as diferentes partes do traxe.

 

8

 

Ademais, para introducir máis aos nenos no mundo dos astronautas, queremos falar con familiares ou outras persoas que sexan especialistas sobre este tema, para que así o alumando poida realizar as preguntas que máis lle interesen e recibir un feedback importante de información. Agradecémosvos a vosa colaboración e seguimento, é moi importante para nós!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta