Ímonos a Marte!

A actividade final que queremos desenvolver cos máis pequenos está a relacinada con Marte. Este exercicio estaría baseado na comparación entre o relevo terrestre e o relevo de Marte, onde fai anos existiu auga e deixou unhas marcas similares ás que deixa o mar nas praias cando está a marea baixa.

Estes son algún dos resultados das fotografías tomadas na praia:

 

PRAIACARNOTA

 

 

 

 

E esta é unha das posibles imaxes do relevo marciano para comparar as semellanzas entre ambas:

 

redefluvialeleitosmarte

 

 

 

 

 

Traemos esta actividade á aula porque consideramos que pode espertar o interese das crianzas, ademais de que sair á praia para tomar as fotografías será unha experiencia en contacto coa natureza que resultará moi beneficiosa para eles. Aquí será preciso que os nenos e nenas amosen curiosidade, respeto e coidado polos elementos e obxectos do medio.

Esperemos que vos guste tanto como a nós e que aproveteides todas estas ideas!

Esta entrada foi publicada en Educación Infantil e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta